Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
sábado, 30 de octubre de 2010
Non apto para foráneos
Xogar co lume, andar co can, cheirar o caldo, botar unha sesta cando vai frío, saír a coller os ovos, comer xamón e chourizos, converterse na capurechiña dalgunha cor, acariñar ó ghato que se deita no colo, as mantas grosas, os calcetíns de lá e as sabas de franela, os bicos en bochechas enrugadas e frías, estar sentado no chan de fóra. Láva-las mans e dicir que a auga “está conxelada”, non ve-lo mobil, andar en chaqueta vella e mandilón na cociña e por fóra, escoitar na tvg a Piñeiro cantando “O tren”, ou descubrir unha película de Manolo Escobar no salón ,os trapos con esquinas chamuscadas, quenta-los pés, o pan quente do forno, o cocido, os sons de animais ó espertar, as follas caídas no patio, a sombra da parra no vran, bechos que morren por hazañas de pequenos cirurxiáns, ou pola rápida mán dunha vella contra un cristal, as arañas de patas largas, os calendarios colgados na cociña de azulexo, as cabacas, as chispas do lume cando botas algo, quedas himnotizado horas, o pau de ferro á beira da cociña pendurado, as viseras de publicidade do penso, os faiados escuros de piso de madeira que roxe ó pasar, a auga de manantial saíndo da billa, o pilón que fai de piscina no verán, os anteollos xigantes de pasta (para ler as cartas), os pastilleros de plata, as zapatillas de cadros marróns e as catiúscas de saír á horta, mete-lo pé nun reghato, ou escribir isto sentada na encimera escoitando Marabilla, con B, que fala do “mare”, das frores, dos vellos e dos nenos.
sábado, 9 de octubre de 2010
Poema do meu val
Vinte, condenado ser a ficar diante de min.
Por favor, non fuxas, díxen.
Que non quero que fuxas
cando a miña man escudriñe
no teu peto
de atrás
E a min,
non me deixes marchar
non vaias nin me deixes ir
quero ficar aquí petrificada
nesta ferruxe
meus encaixes pesados como áncoras
non son fortes dabondo para este vento
que os apalea sen parar no aire
Viñen detrás de ti no meu soño
nos meus soños máis gardados
querendo ser sixilosa
non son quen de agardar o momento
de botar perdido o esquecemento
de botarme, coas mans abertas
sen esquecer
Non son quen
de esquecer
que ...
caen sobre a pel sen imporse ó aire
branco sobre branco
e un lunar
e as miñas pupilas
dilatadas
non foxen
branco sobre negro
non son quen
de esquecer
de pensar
en violar estas palabras
en decapita-lo meu caixón desastre
cheo de cabezas
se existe este poema
ou xa o asasinei
lémbrome doutros, ós que ó nacer
quixen vender
e acabaron marchando
pero este taladra forte
non podo
penso que non podo
non podo
xa o asasinei
rematou.
viernes, 13 de noviembre de 2009
Fume lixeiro
Silandeiro intre que lixeiro fuxe do teu corpo.
Silandeiro silencio que grita tanto agochado tratas túas pálpebras, confundindo a escuridade noturna cun agromar de melodías axitadas e incesantes ata que sae o sol.
Ti pálpa-lo vento, desviste-las cores, e vísteste de néboa.
Ti engaióla-lo sol nun berce de recordos e fantasías oritentais.
Ti durmes agochada baixo o ceo estrelado cuberto dun vilo de lucérnagas que coidan o teu sono e o aloumiñan coma un gatiño no colo dunha vella.
Mestura de cheiros que recordan a agarimos de cores que refulxen como bágoas douradas e dunha nostalgia escura que se alterna coa ledicia fresca que foxe das horas da noite e dos coitelos da saudade.
Profundísimo ceo que asemella e ameaza con caer enriba túa.
Silandeiro intre no que este recúa e ti segues durmindo…silandeiro intre que lixeiro fuxe do teu corpo.

Kilómetro 100

Unha estrada.
Son as 7 da noite, máis ou menos.
Extensións de herva curta e seca forman unha paisaxe centroamericana.
Unha rapaza Loira está na fenestra un intre e marcha.
O bar está xa a pechar.
Unha rapaza morena está no porche, de pé, aparentemente enteira, só aparentemente. Semella agardar algo, máis pode ser non máis cun presaxio, xa que non pasa nada, nada cambia.
As cortinas apodrecidas brancas saen ó exterior alporizadas por un vento rebelde. Ela tamén muda e marcha.
Diante do bar, un coche descapotable vello e vermello. A rapaza sobe.
Mete as chaves no contacto, aínda cunha perna fóra, e bota unha ollada máis ó bar. Sons de vellos vasos de cristal, estalando uns contra outros por causa dalgún brindis espontáneo.
Séntese ben , pecha a porta, e nuns minutos , o aire, que de súpeto cobra vida, estala contra o seu cabelo no impulso de acender o coche, que tras ese empurro, non volverá xamáis a aquel bar.
A uns kilómetros de alí, unha bágoa resbala pola meixela dunha rapaza ,nun descapotable vermello.
Só quedan 1300km.