viernes, 13 de noviembre de 2009

Fume lixeiro

Silandeiro intre que lixeiro fuxe do teu corpo.
Silandeiro silencio que grita tanto agochado tratas túas pálpebras, confundindo a escuridade noturna cun agromar de melodías axitadas e incesantes ata que sae o sol.
Ti pálpa-lo vento, desviste-las cores, e vísteste de néboa.
Ti engaióla-lo sol nun berce de recordos e fantasías oritentais.
Ti durmes agochada baixo o ceo estrelado cuberto dun vilo de lucérnagas que coidan o teu sono e o aloumiñan coma un gatiño no colo dunha vella.
Mestura de cheiros que recordan a agarimos de cores que refulxen como bágoas douradas e dunha nostalgia escura que se alterna coa ledicia fresca que foxe das horas da noite e dos coitelos da saudade.
Profundísimo ceo que asemella e ameaza con caer enriba túa.
Silandeiro intre no que este recúa e ti segues durmindo…silandeiro intre que lixeiro fuxe do teu corpo.

0 sonrisas:

Publicar un comentario