sábado, 9 de octubre de 2010

Poema do meu val


Vinte, condenado ser a ficar diante de min.
Por favor, non fuxas, díxen.
Que non quero que fuxas
cando a miña man escudriñe
no teu peto
de atrás
E a min,
non me deixes marchar
non vaias nin me deixes ir
quero ficar aquí petrificada
nesta ferruxe
meus encaixes pesados como áncoras
non son fortes dabondo para este vento
que os apalea sen parar no aire
Viñen detrás de ti no meu soño
nos meus soños máis gardados
querendo ser sixilosa
non son quen de agardar o momento
de botar perdido o esquecemento
de botarme, coas mans abertas
sen esquecer
Non son quen
de esquecer
que ...
caen sobre a pel sen imporse ó aire
branco sobre branco
e un lunar
e as miñas pupilas
dilatadas
non foxen
branco sobre negro

non son quen
de esquecer
de pensar
en violar estas palabras
en decapita-lo meu caixón desastre
cheo de cabezas

se existe este poema
ou xa o asasinei
lémbrome doutros, ós que ó nacer
quixen vender
e acabaron marchando
pero este taladra forte
non podo
penso que non podo
non podo
xa o asasinei
rematou.

1 sonrisas:

A. dijo...

Estrutura inspirada por Estíbaliz Espinosa.
:)

Publicar un comentario